VIII. Técnicas dos séculos XX e XXI

Esta sección presenta algunhas metodoloxías comúns para a análise da música dos séculos XX e XXI, incluíndo a teoría dos conxuntos.

Requisitos previos

Esta sección presupón unha certa familiaridade cos temas que se tratan nos  Fundamentos.

Organización

Os primeiros cinco capítulos presentan ao alumnado os elementos constitutivos da teoría dos conxuntos: notación con números enteiros, alturas vs. clases de altura, intervalos e clases de intervalo, conxuntos e clases de conxunto, operacións, e vectores de clase de intervalo.

O capítulo Analizar coa teoría dos conxuntos (ou non!) é unha conclusión importante a eses capítulos anteriores: describe a filosofía da segmentación e tamén achega unha ollada crítica á teoría dos conxuntos como metodoloxía. Que fai que agrupemos unhas notas e lles chamemos “conxunto”? Que elementos ignoramos se usamos a teoría dos conxuntos?

Os últimos tres capítulos describen as coleccións, como os modos, a colección octatónica e outras. O alumnado tamén aprenderá como se poden escoitar centros tonais nunha composición utilizando estas coleccións.

definition

License

Icon for the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License

Teoría Musical Aberta (tradución en progreso) Copyright © 2022 by Mark Gotham; Kyle Gullings; Chelsey Hamm; Bryn Hughes; Brian Jarvis; Megan Lavengood; and John Peterson is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License, except where otherwise noted.

Share This Book