VIII. Técnicas dos séculos XX e XXI
Coleccións
Mark Gotham; Megan Lavengood; Brian Moseley; and Kris Shaffer
Puntos principais
Este capítulo introduce varias coleccións de alturas que foron de interese na composición do século XX:
- A colección diatónica, de forma independente das escalas maiores/menores e dos modos diatónicos
- A colección pentatónica: unha colección de cinco notas que corresponde ás teclas negras do piano e que tamén se pode xerar amoreando quintas xustas ou mediante o padrón de intervalos de alturas 2–2–3–2–3
- colección de tons enteiros: unha colección de seis notas constituído só por notas separadas por un ton
- colección octatónica: unha colección de oito notas que se forma mediante a alternancia de tons e semitóns
- colección hexatónica: unha colección de seis notas xerada co padrón de intervalos de alturas 1–3–1–3–1–3
- colección acústica: unha colección de sete notas que é semellante ao modo mixolidio, só que co . Corresponde máis ou menos aos parciais inferiores da serie harmónica
Tamén se describen outras coleccións de alturas:
- Os “modos de transposición limitada” de Olivier Messiaen: un grupo de escalas que non se pode traspor de 12 formas únicas
- The “distance model” of generating collections with a repeating pattern of pitch intervals
LISTA DE REPRODUCIÓN DO CAPÍTULO
Alén do uso da tonalidade maior/menor dos modos diatónicos, hai catro coleccións (máis ou menos) novas que ocupan un lugar especial no século XX: a pentatónica, a de tons enteiros, a ocatónica e a acústica. Este capítulo describe estas coleccións e outras cuestións importantes sobre as propiedades modais e o significado extramusical.
Colección diatónica e pandiatonismo
É probable que encontrases o concepto de colección diatónica moitas veces, sobre todo nos capítulos sobre os modos no pop e na música dos séculos XX e XXI, ou mesmo cando aprendiches o que eran as tonalidades maiores and menores. A colección diatónica é a base dunha gran parte da música occidental.
Nos séculos XX e XXI, as composicións usan ás veces a colección diatónica sen esforzarse porque haxa unha altura concreta que faga de centro tonal. Estes exemplos non son tonais nin modais, senón que se consideran pandiatónicos. Igor Stravinsky escribiu moitas pasaxes pandiatónicas, como as que se escoitan na abertura do seu ballet Petrushka.
Colección pentatónica
A colección pentatónica é predominante na música en todo o mundo. É unha colección construída sobre o padrón interválico 2ªM–2ªM–3ªm–2ªM–3ªm. A colección pentatónica pódese describir con referencia aos modos diatónicos de múltiples xeitos diferentes. ( ).
- Utilizando os graos dunha escala maior, unha escala pentatónica pode formarse cos graos .
- Se pensas na colección diatónica como unha sucesión de quintas xustas (Fa, Dó, Sol, Re, La, Mi, Si), entón a pentatónica é unha forma curta da mesma colección: Dó, Sol, Re, La, Mi.
- Por último, se visualizas un piano, podes reparar en que o complemento de Dó, Re, Mi, Fa, Sol, La, Si e Dó (as teclas brancas) é Sol♭, La♭, Si♭, Re♭, Mi♭ (as teclas negras). A colección de teclas negras é, outra vez, a pentatónica.
O que lle falta á colección pentatónica a respecto da diatónica son as dúas notas que crean os semitóns ( e , se pensas nos graos da escala). Poderiamos afirmar que a ausencia de semitóns fai que sexa máis fácil rotar a pentatónica e considerala unha colección, sen unha énfase clara nunha nota particular como tónica. Calquera membro da colección funciona con facilidade como centro tonal. Por exemplo, hai cinco modos diferenciados da colección, explicitados no (a) do pentatónica menor .
, e fórmanse ao rotar a colección de forma que cada clase de altura se converta na tónica: pentatónica de Dó (Dó, Re, Mi, Sol, La), pentatónica de Re (Re, Mi, Sol, La, Dó), pentatónica de Mi (Mi, Sol, La, Dó, Re), etc. A letra (d) do fornece unha rotación especialmente común da colección pentatónica, que se coñece comoÉ moi común utilizar a escala pentatónica como base da composición melódica. Podemos escoitar un exemplo no o primeiro movemento do Concerto para percusión de Chen Yi’, na entrada das cordas no minuto 2:13. Repara en que a melodía pentatónica ten ás veces un acompañamento de acordes de sonoridade atonal nos metais. As melodías pentatónicas non teñen por que ser harmonizadas coa colección pentatónica, e de feito é habitual que non sexan. Ao final, só hai dúas tríades posibles na colección pentatónica (Dó maior e La menor, por exemplo, na colección Dó, Re, Mi, Sol, La).
Colección de tons enteiros
A colección de tons enteiros é exactamente o que parece: unha escala que consta só de seis tons. De xeito semellante á escala pentatónica, a escala de tons enteiros ambigua nas súas rotacións, porque só hai un tipo de intervalo. É habitual que as composición exploren esta ambiguidade ao usaren a colección de tons enteiros para produciren un sentimento inquietante no ouvinte (nos filmes e na televisión, un tropo habitual é usar a escala de tons enteiros para acompañar a secuencia dun soño).
Só hai dúas coleccións de tons enteiros diferenciadas: unha que contén as clases de altura pares [0, 2, 4, 6, 8, 10] e outra que ten as clases de altura impares [1, 3, 5, 7, 9, 11]. Se tes que distinguir entre as dúas nunha análise, podes usar as abreviacións WT0 e WT1: “WT” son as siglas inglesas de “whole tone” (tons enteiros), e o subíndice indica a altura Dó (0) ou Dó♯ (1) ( ).
Colección octatónica
A colección octatónica está construída mediante a alternancia de semitóns e tons, o que produce un total de oito alturas distintias ( ). Os músicos de Jazz adoitan denominala “escala diminuída”, pois encaixa ben cun acorde de sétima diminuída. Obviamente, pode haber outras escalas que constan de oito alturas, mais esta é a que recibe o nome de escala octatónica.
O contido interválico desta colección é moi homoxéneo, e esta coherencia interválica leva a unha das propiedades máis interesantes que ten. Como se observa no
, só hai tres coleccións octatónicas posibles. Cando traspomos a primeira coleccióndo exemplo (OCT0,1) a distancia de 3, sumando 3 a cada número enteiro da colección, <0, 1, 3, 4, 6, 7, 9, 10> tórnase <3, 4, 6, 7, 9, 10, 0, 1>, que é igual que a primeira colección, só que comezando nunha altura diferente. Se queres diferenciar entre estas dúas coleccións na análise, podes usar as abreviacións OCT0,1, OCT1,2, e OCT2,3: “OCT” é unha abreviatura de “octatónica”, e os números do subíndice representan as alturas que crean o semitón que é único a esa escala (Dó – Dó♯; Dó♯ – Re; e Re – Mi♭, respectivamente).Joan Tower usa a colección octatónica de xeito frecuente, e é especialmente audible no inicio da súa obra Silver Ladders.
Ao contrario doutras coleccións que xa describimos, a colección octatónica xa aparece con frecuencia antes do século XX, sobre todo en Rusia.[1] A colección octatónica pode producir varias harmonías triádicas comúns, como se mostra no : oitro tríades maiores ou menores (e catro tríades diminuídas, que non aparecen, e catro aparicións de cada tipo de acorde de sétima salvo o de sétima maior. Porén, non hai acordes relacionados por quintas no movemento das fundamentais, sde modo que non é posible establecer sucesións de dominante/tónica. O que si que hai é unha infinidade de movementos de fundamentais por terceiras. Frédéric Chopin usa a escala octatónica sobre un acorde de Si♭7 na súa Balada en Sol menor ( ). Por causa de todas esas harmonías triádicas, é un modo versátil que pode suxerir asociacións tonais e tamén convidar a un movemento máis libre entre tonalidades que tradicionalmente non se consideran próximas.
Colección hexatónica
A colección hexatónica é unha colección de seis notas que se forma alternando segundas menores e terceiras menores. O nome “hexatónica” refírese ás seis notas, mais, aínda que hai outras escalas posibles que teñen seis notas (por exemplo, a escala do blues ou a de tons enteiros), aquí empregaremos o nome “colección hexatónica” para nos referirmos sempre a este grupo concreto de notas. Como as coleccións octatónicas, as hexatónicas só poden ser traspostas catro veces antes de volveren ao mesmo grupo de notas ( ), e reciben un nome similar, en función do semitón máis grave (por exemplo, HEX0,1 é a colección hexatónica que contén Dó–Dó♯).
Tamén de xeito semellante ás coleccións octatónicas, as hexatónicas conteñen tríades, mais non suxiren un acorde de tónica en concreto nin unha tonalidade principal. Como se observa no
, cada colección contén tres tríades maiores, tres menores e dúas aumentadas. A xustaposición de dúas tríades aumentadas que están separadas por un semitón é outra forma de xerar unha escala hexatónica.
Colección acústica
A colección acústica está baseada nos intervalos graves da serie de harmónicos. Isto é relevante, porque hai tempo que se asocian estes intervalos máis graves á noción de consonancia musical. O resultado é un modo que parece a escala maior, mais co e o ( ).
Novas formas de organizar as alturas
Moitos compositores dos séculos XX e XXI procuraron xeitos novos de xeraren coleccións de alturas para a súa música.
Os modos de transposición limitada de Messiaen
Olivier Messiaen estaba interesado en compor con coleccións que só se poden traspor unhas poucas veces antes de seren repetidas, como a colección octatónica. O nome que Messiaen lles daba era “modos de transposición limitada”, e son os que aparecen na táboa do intervalos de alturas en semitóns.
e en notación no . Os números que están entre parénteses forman
Número do modo de Messiaen | Padrón interválico (en semitóns) | Número de transposicións únicas | Número de rotacións únicas | Misc. |
---|---|---|---|---|
1 | 2, 2, 2, 2, 2, 2 | 2 | 1 | Corresponde á escala de tons enteiros |
2 | (1, 2), (1, 2), (1, 2), (1, 2) | 3 | 2 | Corresponde á escala ocatónica |
3 | (2, 1, 1), (2, 1, 1), (2, 1, 1) | 4 | 3 | |
4 | (1, 1, 3, 1), (1, 1, 3, 1) | 6 | 4 | |
5 | (1, 4, 1), (1, 4, 1) | 6 | 3 | |
6 | (2, 2, 1, 1), (2, 2, 1, 1) | 6 | 4 | |
7 | (1, 1, 1, 2, 1), (1, 1, 1 , 2, 1) | 6 | 3 |
Non son só ascoleccións as que teñen transposicións limitadas: outros subconxuntos ou superconxuntos destas coleccións tamén poden ter esta propiedade. Mesmo neste conxunto, o Modo 1 é un subconxunto dos Modoss 3 e 6. [2]
Modos con modelos de distancias
Os modos cun modelo de distancias son un grupo máis restrinxido de modos de transposición limitada. Estes modos están formados pola alternancia entre dous intervalos, como:
- 1:2 = alternando semitóns e tons (o modo octatónico de novo)
- 1:3 = semitóns e terceiras menores, ás veces chamado modo/colección hexatónica, ou, na terminoloxía dos conxuntos de clases de altura, o hexacordo “máxico”
- 1:5 = semitóns e cuartas xustas
Este estilo de organización éstá moi asociado con Béla Bartók, como veremos no ´seguinte capítulo.
Outros modos
Esta só é a punta do iceberg, mesmo para a música “clásica” do século XX. Algunhas das áreas que se exploran son:
- Modos microtonais, apreciados por Ligeti e a escola espectral, que se centra en sistmas alternativos de afinación e en evitar a asunción das 12 notas do temperamento igual.
- Modos sintéticos, derivados da alteración dos diatónicos, como as armaduras pouco convencionais dalgúns movementos do Mikrokosmos de Bartók.
- Casos únicos, como a “scala enigmatica” do Ave Maria de Verdi (que practicamente non se usa como escala ou modo en ningún outro caso).
Consideracións importantes no referente ás coleccións
Por que hai modos que non paran de aparecer en contextos diferentes? Este volve ser un tema que atraeu moito a atención da teoría musical. Eis algúns aspectos salientables:
- Correspondencia coa serie natural dos harmónicos. Unha hipótese é que a xente gusta dos modos en que as alturas importantes coinciden coas primeiras da serie harmónica, e por tanto tamén co que se adoita chamar consonancias (oitavas, quintas, etc.). É claro que a colección acústica é unha implementación bastante literal desta idea.
- A Simetría é unha preocupación moi importante na composición do século XX. Unha razón para isto é o desexo de crear unha nova orde que estea baseada na concepción “de grave a agudo” da serie de harmónicos e da harmonía de baixos fundamentais. A simetría pode ser interna nunha escala, como a simetría rotacional dos mdos de transposición limitada, ou tamén entre escalas, como na Cantata Profana de Bartók.
- Uniformidade máxima. Unha teoría notable da construción modal enfatiza a distribución uniforme das alturas no espazo.[3] Pensa outra vez nos modos diatónicos. A colección diatónica está constituída principalmente por tons, e ten só dous semitóns que están o máis lonxe que poden estar. Este espazo maximizado entre os semitóns significa que as alturas da colección diatónica ten uniformidade máxima.
- Agmon, Eytan. 1990. “Equal Divisions of the Octave in a Scarlatti Sonata.” In Theory Only 11 (5): 1–8.
- Clough, John, and Jack Douthett. 1991. “Maximally Even Sets.” Journal of Music Theory 35, no. 1–2 (Spring–Autumn): 93–173.
- Worksheet on collections (.pdf, .mscz). Asks students to spell one example of each of the collections from this chapter.
- Analyze Lili Boulanger’s resplendent Hymne au Soleil. Identify modes and collections used, along with related techniques. Scores can be found on IMSLP and MuseScore. Both include the original French text and an English translation in the underlay.
1. A scale, mode, or collection that follows the pattern of whole and half steps W–W–H–W–W–W–H, or any rotation of that pattern.
2. Belonging to the local key (as opposed to "chromatic").
A pitch collection built with the interval pattern ma2–ma2–mi3–ma2–mi3. This collection can also be generated by using scale degrees 1̂, 2̂, 3̂, 5̂, and 6̂ only of the major scale.
A type of interval that is measured in semitones. For example, the pitch interval 2 is two semitones; the pitch interval 7 is seven semitones.
A pitch collection composed entirely of whole steps. There are six whole steps in a whole tone collection, and there are only two possible whole tone scales: C–D–E–F♯–G♯–A♯, or C♯–D♯–F–G–A–B.
The octatonic collection is built with an alternation of whole steps and half steps, leading to a total of eight distinct pitches. One example is C–C♯–D♯–E–F♯–G–A–B♭. Jazz musicians refer to this as the diminished scale.
A six-note collection that alternates between half steps and minor thirds, such as C–C♯–E–F–G♯–A.
A seven-note collection similar to the mixolydian mode but with fi (↑4̂); corresponds roughly to the lowest partials of the harmonic series.
Pandiatonicism uses the notes of a diatonic collection without imparting a sense of pitch center.
A pentatonic scale with the intervals mi3–ma2–ma2–mi3–ma2. For example, starting on A, the minor pentatonic would be A–C–D–E–G. The minor pentatonic is a rotation of the major pentatonic.
A system of naming pitch classes that treats C as 0, C♯ as 1, D as 2, etc.
The distance between roots of adjacent chords. For example, "root motion by step" refers to the distance between two chords that are only one step apart, such as I and ii, IV and V, etc. Note that the root is not always in the bass, so this is a separate concept from bass motion.
A set that is entirely contained within another larger set.
A larger set that contains other smaller sets. For example, a superset of (037) is the diatonic collection, (013568t).
A group of pitch classes.
As an acoustic phenomenon, frequencies vibrating at whole-number ratios with one another; as a cultural phenomenon, perceived stability in a chord or interval.