VIII. Técnicas dos séculos XX e XXI

Modos diatónicos

Mark Gotham and Megan Lavengood

Puntos principais

  • Os modos eclesiásticos tiveron a súa orixe na Idade Media e son clasificados en función da súa utilización da colección diatónica, a súa nota final ou finalis, as relacións das outras alturas con esa nota final e o seu ámbito.
  • Nos séculos XX e XXI, os modos diatónicos tamén se entenden como rotacións da escala maior, sen limitacións de ámbito, mais cunha clase de altura que funciona como centro tonal ou tónica.
  • As culturas musicais non occidentais teñen os seus propios métodos para organizaren as alturas en modos. Estes “modos” adoitan ser máis que simples coleccións de alturas e poden incluír elementos característicos como xestos, adornos e protocolos de uso. Algúns exemplos serían o raga indio, o maqam árabe, a pelog e slendro de Bali, os modos de oración xudaicos, o dastgah persoa e as escalas xaponesas.
  • Os modos, clasificados en función das relacións paralelas, con énfase nas notas características de cada modo, son:
    • Xonio ou Xónico: Idéntico ao maior
    • Mixolidio: Como o maior co \downarrow\hat{7}
    • Lidio: Como o maior co \uparrow\hat{4}
    • Eolio ou Eólico: Idéntico ao menor natural, sen alterar a sensible
    • Dórico: Como o menor natural co \uparrow\hat{6}
    • Frixio: Como o menor natural co \downarrow\hat{2}
  • Os modos, clasificados en función das relacións relativas, son:
    • Xonio ou Xónico:: As notas diatónicas (teclas brancas) comezando en Dó
    • Dórico: As notas diatónicas (teclas brancas) comezando en Re
    • Frixio: …comezando en Mi
    • Lidio: …comezando en Fa
    • Mixolidio: …comezando en Sol
    • Eolio ou Eólico: …comezando en La

This book covers modes from many different angles. For more information on modes, check Introduction to Diatonic Modes (general), Chord-Scale Theory (jazz), Modal Schemas (pop), and Analyzing with Modes, Scales, and Collections (20th-/21st-c.).

A principios do século XX, moitas compositoras e compositores repensaron os materiais de que consta a música. Esta é unha das razóns polas cales a música tonal maior ou menor, que dominou a música occidental durante os anteriores 200 anos, se denomina “práctica común”. Algo mudou arredor de 1900. En conexión con isto, é frecuente escoitar a expresión “emancipación da disonancia”, debido ao xurdimento da atonalidade a partir do uso de técnicas cromáticas cada máis radicais. A historia da música é moito máis complexa que este resumo simple, mais hai algo de verdade: moitas compositoras e compositores tiñan interese en reinventaren a o que compuñan e como o compuñan, ao igual que na arte abstracta, que naceu polo mesmo tempo.

A utilización dos modos ten cabida en todo isto, pois representan moitas das maneiras en que se pode ampliar a paleta compositiva. Neste capítulo, describiremos algunhas das opcións máis interesantes, famosas e significativas, comezando, como fixeron moitos compositores, por observar o que se fixo anteriormente.

Modos eclesiásticos

A prefominancia das tonalidades maiores e menores na música clásica occidental xurdiu dunha práctica anterior que estaba centrada na utilización dos modos. Esta colección de modos denomínase modos eclesiásticos ou gregorianos. Estes modos corresponden a rotacións da escala de Dó maior, utilizando a mesma colección de alturas mais cunha tónica diferente (que neste contexto podemos chamar con máis propiedade finalis ou nota final).

Isto xa nos presenta un principio fundamental do que é un modo: unha colección diatónica de alturas que ten nota final. Estes son os dous primeiros elementos da lista que verás a seguir, que tamén invlúe outros conceptos útiles para entenderes os modos eclesiásticos:

  1. A colección diatónica e as relacións interválicas entre esas alturas
  2. A nota final, que funciona como punto de referencia
  3. Máis niveis xerárquicos entre a altura do modo e a nota final
  4. Configuracións de melodía e ámbito

Os puntos 1, 2 e 3 xa son coñecidos pola música tonal, mais pode que o 4 non sexa. O ámbito é unha característica definitoria dos modos eclesiásticos, xa que cada modo ten unha versión auténtica e outra plagal.

Exemplo 1 recolle os modos coa súa nota final, a nota de recitación ou tenor, e o seu ámbito. Os modos auténticos están á esquerda, e os plagal (os que comezan por “hipo-“) están á dereita. A nota de recitación (en latín repercussio ou tenor) adoitan estar a distancia de quinta da final nos modos auténticos e de terceira dos plagais (salvo cando evitan o trítono, marcado cunha exclamación). O Exemplo 2 fornece a mesma lista, mais con notación.

Modo auténtico Finalis Tenor Ámbito Modo plagal Finalis Tenor Ámbito
Dórico Re La Re-Re Hipodorio Re Fa Sol-La
Frixio Mi Dó (!) Mi-Mi Hipofrixio Mi La (!) Si-Si
Lidio Fa Fa-Fa Hipolidio Fa La Dó-Dó
Mixolidio Sol Re Sol-Sol Hipomixolidio Sol Dó (!) Re-Re
+
Eolio ou Eólico La Mi La-La Hipoeolio ou Hipoeólico La Mi-Mi
Xonio ou Xónico Sol Dó-Dó Hipoxonio ou Hipoxónico Mi Sol-Sol

Exemplo 1. The historical church modes summarized.

Exemplo 2. The historical church modes summarized in notation.

Modos diatónicos nos séculos XX e XXI

Another summary of diatonic modes (and assignments on them) can be found in Introduction to Diatonic Modes and the Chromatic “Scale.”

Cando se volveron utilizar os modos como concepto compositivo no século XX, moitos conceptos dos modos eclesiásticos foron mantidos, mais outros foron eliminados. A diferenciación dos modos auténticos e plagais (modos “hypo-“) decaeu, e o ámbito de moitas obras excedía a oitava. Alén disto, os modos posteriores de Glareanus, eolio e xonio, foron tan importantes como os modos eclesiásticos auténticos e orixinais.

Notas características

Como ouvinte, podes percibir que os modos soan de forma semellante ás tonalidades maiores e menores, mais con algunhas notas you may experience modes as sounding similar to major or minor, but with certain flexionadas, as notas de cor ou notas características.[1] Os modos soarán máis ben maiores ou menores en función da natureza da terceira que haxa por riba da tónica (nun contexto modal, outros autores prefiren denominala “centro tonal”). Os modos de sonoridade maior son o mixolidio e o lidio. Os modos de sonoridade menor son o eolio ou eólico, o dórico, e o frixio.

Exemplo 3 recolle unha lista de cada modo, a natureza da terceira que está por riba da tónica, a nota característica que a diferencia da escala maior/menor natural e as notas das escalas parelela e relativa a Dó maior.

Nome do modo O acorde do centro tonal é maior ou menor? Nota de cor Modo, paralelo a Dó maior Modo, relativo a Dó maior
Xonio ou Xónico Maior - Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si
Dórico Menor \uparrow\hat{6} Dó-Re-Mi♭-Fa-Sol-La-Si♭-Dó Re-Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó-Re
Frixio Menor \downarrow\hat{2} Dó-Re♭-Mi♭-Fa-Sol-La♭-Si♭-Dó Mi-Fa-Sol-La-Si-Dó-Re-Mi
Lidio Maior \uparrow\hat{4} Dó-Re-Mi-Fa♯-Sol-La-Si-Dó Fa-Sol-La-Si-Dó-Re-Mi-Fa
Mixolidio Maior \downarrow\hat{7} Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La-Si♭-Dó Sol-La-Si-Dó-Re-Mi-Fa-Sol
Eolio ou Eólico (menor natural) Menor \downarrow\hat{7} (non se altera a sensible) Dó-Re-Mi♭-Fa-Sol-La♭-Si♭-Dó La-Si-Dó-Re-Mi-Fa-Sol-La

Exemplo 3. Important characteristics of each mode.

Exemplo 4 proporciona un resumo breve desta información mediante a notación. Os modosestán agrupados en función de se a tónica é maior ou menor, e iso axuda na identificación auditiva de pasaxes modais (como se describirá máis adiante). A fila superior mostra os modos en que o \hat3 está a distancia de terceira maior da tónica: xonio (maior), mixolidio e lidio. A fila inferior mostra os modos en que o \hat3 está a distancia de terceira menor da tónica: eolio (menor natural), dórico e frixio. As ligaduras de puntos conectan a nota característica que é distintiva de cada modo, comparado co seu equivalente maior ou menor.

Exemplo 4. Modes grouped by major vs. minor tonic, with color notes shown in blue.

Escoita de tónicas modais

Como moitas persoas están acostumadas a escoitar toda a música como maior ou menor, as compositoras e compositores do século XX e XXI que queren crear un son modal moitas veces dedican máis esforzo a enfatizaren a altura que funciona como tónica do modo que escolleron. Repara: isto non ten por que significar que se enfatice un acorde de tónica. A seguir encontrarás diversas maneiras que se empregan nas composicións para crear un sentido de centro tonal na música modal.

  • repetición da altura que fai de tónica
  • acentos agóxicos (utilización de valores máis longos) na tónica, including using a drone of the tonic pitch
  • acentos métricos na tónica
  • utilización da tónica como nota máis grave
  • cadencias na tónica

Identificación de modos

Se non estás afeito a interpretar e escoitar modos, identificar e diferenciar modos pode intimidar. Eis un proceso paso a paso para diferenciares todos os modos de que xa falamos, ilustrado como fluxograma no Exemplo 5.

Exemplo 5. Flowchart illustrating the process of identifying modes.

1. Identifica a natureza da tónica.

Tenta identificar auditivamente o centro tonal ou tónica. Despois, identifica o acorde enteiro da tónica. A terceira dese acorde é maior ou menor? Isto diferencia os modos de sonoridade maior (xonio, mixolidio e lidio) dos de sonoridade menor (eolio, dórico, frixio).

2. Identifica o \hat{\mathsf{7}}.

Repara en se o \hat{7} é unha sensible, medio ton por baixo da tónica tal e como a ouvimos tipicamente nas obras tonais maiores ou menores. Se o \hat{7} está a distancia de ton (subtónica), entón está rebaixado, o que significa que a peza está (polo menos temporalmente) nun modo.

Se ten unha tónica maior e o \hat{7} está rebaixado, entón o modo é mixolidio. 

Se escoitaches unha tónica menor e o \hat{7} está elevado (sensible), then you are in modo menor

Se aínda así non recoñeces o modo, continúa co paso tres.

3. Identifica outras notas características: (\uparrow\hat{\mathsf{4}}) no maior, (\uparrow\hat{\mathsf{6}}) no menor, ou(\downarrow\hat{\mathsf{2}})[/latex] no menor.

Se o \hat{7} non che axudou a recoñeceres o modo, identifica outras notas características.

Se o \hat{4} está elevado nun modo con tónica maior, está no modo lidio. Se non, está no modo xonio ou xónico (maior).

Se o \hat{2} está rebaixado nun modo con tónica menor, está no modo frixio. Se o \hat{6} está elevado nun modo con tónica menor, estás no modo dórico. Se nin o \hat{7}, \hat{6}, nin \hat{2} están alterados, está en eolio ou eólico (menor natural).

Os modos no contexto global

Case todas as culturas de calquera sitio e calquera época tiveron música, e a gran maioría organizaba as alturas no que a teoría musical occidental considera “modos”. Por tanto, como poderás imaxinar, hai moitas opcións para aquelas persoas que queiran compor música explorando alén da tradición occidental. Por volta de 1900, as compositoras e compositores de Europa e Norteamérica comezaron a facer iso mesmo. Inspiráronse na música da diáspora africana (que se tornaría nunha grande influencia para a música do século XX), os ragas antigos da India, China, os Balcáns e moitos máis lugares. Obviamente, non podemos ser xustos e dar representación a todas nun tema de dimensións tan grandes coma este, e tampouco o fixo a música clásica occidental, que normalmente simplificou moitoas sutilezas destes sistemas complexos. A seguir ofrecemos unha lista incompleta das fontes non Europeas de coleccións de alturas semellantes aos modos:

  • Raga da India
  • Maqam árabe e makam turco
  • Pelog e slendro de Bali
  • Modos de oración xudaicos
  • Dastgah de Persia
  • Escalas xaponesas

Cada un destes sistemas de organización das alturas está relacionado co concepto de modo que xa tratamos, mais tamén ten matices e prácticas que os distinguen dos modos diatónicos, aínda que as alturas sexan idénticas.

Further Reading
  • Persichetti, Vincent. 1961. Twentieth-Century Harmony. New York: W. W. Norton.
Assignments
  1. Identifying modes (.pdf, .mscz). Asks students to identify 20th-century modes versus major/minor, circle inflected pitches, and explain how a pitch center is articulated. Music examples are transcribed from the TV show Great British Bake Off (music by Tom Howe, © Accorder Music Publishing, used with permission). Worksheet playlist
  2. Additional beginner’s worksheets can be found in Introduction to Diatonic Modes and the Chromatic “Scale.”

Media Attributions

  • Identifying Modes flowchart with Phrygian

  1. Vincent Persichetti (1961) referíase a estas notas como "notas características".
definition

License

Icon for the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License

Teoría Musical Aberta (tradución en progreso) Copyright © 2022 by Mark Gotham and Megan Lavengood is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License, except where otherwise noted.

Share This Book