VIII. Técnicas dos séculos XX e XXI
Esta sección presenta algunhas metodoloxías comúns para a análise da música dos séculos XX e XXI, incluíndo a teoría dos conxuntos.
Requisitos previos
Esta sección presupón unha certa familiaridade cos temas que se tratan nos Fundamentos.
Organización
Os primeiros cinco capítulos presentan ao alumnado os elementos constitutivos da teoría dos conxuntos: notación con números enteiros, alturas vs. clases de altura, intervalos e clases de intervalo, conxuntos e clases de conxunto, operacións, e vectores de clase de intervalo.
O capítulo Analizar coa teoría dos conxuntos (ou non!) é unha conclusión importante a eses capítulos anteriores: describe a filosofía da segmentación e tamén achega unha ollada crítica á teoría dos conxuntos como metodoloxía. Que fai que agrupemos unhas notas e lles chamemos “conxunto”? Que elementos ignoramos se usamos a teoría dos conxuntos?
Os últimos tres capítulos describen as coleccións, como os modos, a colección octatónica e outras. O alumnado tamén aprenderá como se poden escoitar centros tonais nunha composición utilizando estas coleccións.
A methodology for analyzing pitch in atonal music. Pitch classes are given an integer name (0–11, where C is 0, C♯ is 1, etc.). Groups of pitches are considered together as "sets." Sets may be related by inversion or transposition.
A system of naming pitch classes that treats C as 0, C♯ as 1, D as 2, etc.