Na FCT do proximo ano a túa xefa pide que programes a caixa rápida dun supermercado, esa que só admite tres productos por cliente. O/A caixeiro/a ten que teclear os prezos dos tres productos que leve o cliente e en pantalla ten que aparecer a suma total.

O encargo é dobre posto que tes que facelo dúas veces, unha para executar en Linux e outra para Windows. A xefa quere usar os ordenadores vellos, xa se sabe que  a crise….

Podes inspirarte en  xente que fai cousas parecidas.

O teu traballo:

Seguindo paseniño as indicacións dadas neste esquelete de script completa co código para que funcione en bash e en batch.

Copia os códigos na túa libreta electrónica cun par de capturas de pantalla nas que se vexa que funcionan.

Trucos: fai un ficheiro para cada caso. Procura que a extensión sexa a correcta.
Pega: olliño cos comentarios en Windows. Está preparado para bash. Lembra reemprazar a almohadilla # por :: (ou ben rem)

Licencia

Icono para la licencia Dominio público

Esta obra (Windows para Sistemas Operativos Monoposto por i-rochiño) no tiene restricciones de copyright conocidas.

Comparte este libro