Queremos facer arquivos batch (chámanlles ficheiros por lotes) para automatizar tarefas. O mesmo que fixemos en bash. Antes tiñamos ficheiros .sh e agora imos nomealos .bat
Temos que abrir o Simbolo do sistema e teclear nel os comandos que desexemos.O teu traballo:
- Abre o Simbolo do sistema
- Proba cos comandos que coñecemos deste artigo e tamén neste e averigua os que funcionan
- Investiga por internet como se chaman os que son distintos
- Anota na túa libreta electrónica unha táboa coas equivalencias