Agora que xa sabemos algúns comandos que funcionan en Windows xa podemos escribir scripts.

Nota: un editor estupendo para Windows é Notepad++

O teu traballo:

1.- Vai ó Escritorio usando a consola

2.- Nun editor de texto crea un ficheiro chamado
novato.cmd: 

notepad novato.cmd

3.- Teclea de primeira liña: 

@echo off

4.- Usa un comando para que saúde educadamente pola consola

5.- Dálle a orde para que crear unha carpeta no escritorio

6.- Mándalle mostrar o contido do Escritorio

7.- Lembra rematar coa orde pause

8 .- Garda e fai dobre clic no ficheiro novato.cmd para executalo

9.- Copia o contido do .cmd na túa libreta electrónica

Licencia

Icono para la licencia Dominio público

Esta obra (Redes na FP Básica por i-rochiño) no tiene restricciones de copyright conocidas.

Comparte este libro