O minimísimo que debemos saber de variables é que poden ser numéricas ou de caracteres alfanuméricos. O meu nome e apelidos irá nunha cadea de caracteres e os cartos que teño no peto será unha variable numérica.

Xa traballamos en Linux con elas. Tócanos agora traducir o que aprendimos para facer scripts en batch. Aquí para aprender máis.O teu traballo:

  • Como asignábamos variables en bash?
  • Como se fai na liña de comandos en Windows?
Pista: para que se usa o comando set?
  • Como se mostran as variables en bash? e en batch?
Pista: lío con $euquesei  %vaitisaber%
  • Se quero preguntar o nome do usuario e darlle os bos días. Como se fai neses dous sistemas?
Pista: por unha banda read e por outra set /p
  • Inventa dúas variables numéricas e mostra na pantalla a suma. Explica na túa libreta o código e as diferencias en bash e batch. Para aprender a sumar nas consolas artigo seguinte)

Licencia

Icono para la licencia Dominio público

Esta obra (Redes na FP Básica por i-rochiño) no tiene restricciones de copyright conocidas.

Comparte este libro