O minimísimo que debemos saber de variables é que poden ser numéricas ou de caracteres alfanuméricos. O meu nome e apelidos irá nunha cadea de caracteres e os cartos que teño no peto será unha variable numérica.
Xa traballamos en Linux con elas. Tócanos agora traducir o que aprendimos para facer scripts en batch. Aquí para aprender máis.O teu traballo:
- Como asignábamos variables en bash?
- Como se fai na liña de comandos en Windows?
Pista: para que se usa o comando set
?
- Como se mostran as variables en bash? e en batch?
Pista: lío con $euquesei %vaitisaber%
- Se quero preguntar o nome do usuario e darlle os bos días. Como se fai neses dous sistemas?
Pista: por unha banda read
e por outra set /p
- Inventa dúas variables numéricas e mostra na pantalla a suma. Explica na túa libreta o código e as diferencias en bash e batch. Para aprender a sumar nas consolas artigo seguinte)