Na FCT do proximo ano a túa xefa pide que programes a caixa rápida dun supermercado, esa que só admite tres productos por cliente. O/A caixeiro/a ten que teclear os prezos dos tres productos que leve o cliente e en pantalla ten que aparecer a suma total.
O encargo é dobre posto que tes que facelo dúas veces, unha para executar en Linux e outra para Windows. A xefa quere usar os ordenadores vellos, xa se sabe que a crise….
Podes inspirarte en xente que fai cousas parecidas.
O teu traballo:Seguindo paseniño as indicacións dadas neste esquelete de script completa co código para que funcione en bash e en batch.
Copia os códigos na túa libreta electrónica cun par de capturas de pantalla nas que se vexa que funcionan.