Agora que xa sabemos algúns comandos que funcionan en Windows xa podemos escribir scripts.
Nota: un editor estupendo para Windows é Notepad++
O teu traballo:
1.- Vai ó Escritorio usando a consola
2.- Nun editor de texto crea un ficheiro chamado
novato.cmd:
notepad novato.cmd
3.- Teclea de primeira liña:
@echo off
4.- Usa un comando para que saúde educadamente pola consola
5.- Dálle a orde para que crear unha carpeta no escritorio
6.- Mándalle mostrar o contido do Escritorio
7.- Lembra rematar coa orde pause
8 .- Garda e fai dobre clic no ficheiro novato.cmd para executalo
9.- Copia o contido do .cmd na túa libreta electrónica